Vellos sentados no concerto da Ferradura

Hai cores outonizas no aire e no granito,
no chan e nas olladas…
Nas alas da mañá, sonoros remuíños.
Tamén estes dous vellos
arelan levitar na nave do templete.