Un escorzo azul entre fachadas

Vertixe en contrapunto
de danza azul de pedra:
un farol solitario contra as humanas sombras.
Na ambigüedade irónica do aleiro,
fai equilibrio a gárgola.