Porta verde con pomba rota no seu pecho

Pomba de aliñas rotas…
Triste espello dos seres fanados de esperanza,
perpetuamente opresos.
Cansos de abriren portas sobre tobos de sombra,
coa súa luz mataron o teu voo…