Noite de nubes negras na cidade

Pasaron os pardais
cos seus peteiros grises pola tarde.
Un surtidor de sombras,
húmidas pombas axitando torres,
puxo nas horas un silencio frío.