Muller facendo punto baixo dos soportais da Rúa Nova

Tan vello é o teu oficio
como a pedra labrada que te garda
á sombra de Mateo,
artífice maior de Compostela.