Cometa branca serpenteando diante de San Xerome

Arribo a ti, Cidade, como un náufrago
atravesado de lirismo vello…
Camiñante devoto de cansadas arterias
fúndome de vagar polo teu corpo.