Xesús Rábade Paredes

Xesús_Rábade_Paredes.jpg

Nado en Seixas (Cospeito, Lugo) en 1949, Xesús Rábade Paredes é Catedrático e foi profesor de lingua e literatura galegas no ensino medio. Formou parte do colectivo de renovación poética Cravo Fondo e é membro fundador do PEN Clube de Galicia.

Como poeta, narrador e estudoso da literatura ten unha ampla e premiada obra, antologada e traducida a varios idiomas.

Entre a súa produción poética figuran Xuntos cara ó mañán (1969), Matria de sombra (1987), Poldros de música (1993), Os dedos dos loureiros (2000), Os anos da memoria (2006), Lugar do canto (2008), Sobre ruínas (2013) e Memoria do corpo (2018).

Ademáis, ten colaborado asiduamente na creación literaria con Helena Villar Janeiro en obras escritas a dúas mans como son O sangue na paisaxe (1979), No aló de nós (1981) e Cabeleira de pedra (1993).