Helena Villar Janeiro

Nada en Becerreá (Lugo) en 1940, Helena Villar Janeiro foi profesora no ensino primario e secundario. Formou parte do colectivo de renovación poética Cravo Fondo e é membro fundador do PEN Clube de Galicia, do que foi secretaria. Recentemente foi nomeada académica correspondente pola Real Academia Galega.

Como poeta, narradora e ensaísta ten unha ampla e premiada obra, antologada e traducida a varios idiomas.

Entre a súa produción poética atópanse Alalás (1972), Rosalía no espello (1985), Festa do corpo (1994), Album de fotos (1999), Nas hedras da clepsidra (1999), Pálpebra azul (2003), Remontar o río (2014) e Poesía mínima (2018).

Ademáis, ten colaborado asiduamente na creación literaria con Xesús Rábade Paredes en obras escritas a dúas mans como son O sangue na paisaxe (1979), No aló de nós (1981) e Cabeleira de pedra (1993).